Programa1407
Manage episode 417692436 series 2775978
محتوای ارائه شده توسط Podcast de Corcovadomusica. تمام محتوای پادکست شامل قسمتها، گرافیکها و توضیحات پادکست مستقیماً توسط Podcast de Corcovadomusica یا شریک پلتفرم پادکست آنها آپلود و ارائه میشوند. اگر فکر میکنید شخصی بدون اجازه شما از اثر دارای حق نسخهبرداری شما استفاده میکند، میتوانید روندی که در اینجا شرح داده شده است را دنبال کنید.https://fa.player.fm/legal
Edición número 1407 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 10 de maio a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 11 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 15 a través de Radio Crónica Folk Musical. Como vén sendo habitual nos últimos anos, esta semana ofrecémosvos un programa especial adicado aos Premios Martín Códax da Música Galega, que chegan xa á súa edición número once. Lembrade que os Premios están organizados pola Asociación Músicas ao Vivo, e que contan coa participación das Bodegas Martín Códax. Este ano non fomos seleccionados na categoría adicada aos medios de difusión musical, mais para nós é unha honra ter a simple oportunidade de inscribir o noso proxecto nos Premios. Repasamos de xeito libre parte das categorías, centrando a nosa atención naqueles proxectos nominados dentro dos xéneros musicais que adoitamos traballar no programa. Escoitamos temas de Mondra, Guadi Galego, A Pedreira, Antía Muíño, Caamaño & Ameixeiras, Catuxa Salom, a Orquestra Galega de Liberación e Pablo Sanmamed & Bexamín Otero. Entra tamén o libro disco “Oceanoe: Travessia polo mar das Antelas”, publicado pola Arca da Noe, para comentar a súa nominación dentro da categoría é mellor sala. Escollemos a peza gravada para este disco por João Afonso, Madalena Gamalho e Héctor Lorenzo. O arranque do programa está especialmente adicado Emilio Cao, quen vai recibir un máis que merecido Galardón Honorífico.
…
continue reading
70 قسمت